luns, 22 de xuño de 2026

FURAFOLLAS: A NOSA REVISTA ESCOLAR

Benvidos e benvidas ao espazo máis creativo do noso blog! Nesta entrada compartimos con toda a comunidade educativa a nosa Revista Escolar, unha fiestra aberta a todo o que vivimos, aprendemos e disfrutamos en cada curso académico.

Este proxecto é o resultado do traballo en equipo de alumnos, alumnas, mestres e familias. Nas súas páxinas quedan recollidos os proxectos máis especiais, as saídas fotográficas, os debuxos, a literatura e eses pequenos grandes momentos que fan do noso centro un lugar vivo e cheo de ilusión.
Garda esta páxina nos teus favoritos, porque cada fin de curso actualizaremos esta entrada coa nova edición!

CURSO 2025-2026:

CURSO 2024-2025:

CURSO 2023-2024:

mércores, 10 de xuño de 2026

BENESTAR E CONVIVENCIA

Descobre o recuncho de BENESTAR E CONVIVENCIA, un espazo redactado integramente en galego. Anímate a explorar ferramentas, recursos e consellos prácticos deseñados para mellorar a saúde emocional e garantir un ambiente positivo. Entra e coñece todo o que preparan para nós!

Preme no enlace, le e aprende!

BENESTAR E CONVIVENCIA

luns, 18 de maio de 2026

O CAMIÑO DE FÍOS E NÉBOA



Hai proxectos que nacen no papel, pero hai outros que cobran vida porque neles depositamos o corazón. Co gallo das
Letras Galegas 2026, dedicadas á inesquecible escritora Begoña Caamaño, o noso alumnado uniuse para dar forma a algo único: o mural "O Camiño de Fíos e Néboa".
Esta obra non é só pintura nin decoración nunha parede. É o reflexo dun traballo coral onde cada alumno e alumna, achegou a súa propia liña, o seu propio fío. Como nas historias que tanto nos inspiran, fomos capaces de tecer xuntos un mapa de sentimentos, superando as néboas e as dificultades para poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura común.
Este mural queda xa impreso nas nosas paredes, pero, sobre todo, na memoria compartida deste curso.
Grazas a todas e a todos por facer posible que este camiño de fíos nos unise ca nunca. Viva a nosa lingua! 💙

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 A maxia da nosa palabra viaxa entre xeracións 

Hoxe o noso centro viviu un deses momentos que se gardan directo no corazón. Para conmemorar o Día de Rosalía, o alumnado máis maior do colexio converteuse en gardián e altofalante da nosa poesía máis eterna. Cun chisco de nervios pero cheos de ilusión, visitaron as aulas dos grupos máis pequenos para regalarlles os versos da nosa autora máis querida.
Ver a complicidade nas súas olladas foi algo máxico. Os ollos abertos e abraiados dos pequenos, escoitando con absoluta admiración aos seus compañeiros maiores; e a dozura destes últimos, coidando cada palabra e cada xesto para transmitir o agarimo, a forza e o orgullo da obra de Rosalía.
Non foi só un recital. Foi un abrazo de xeración a xeración a través da nosa lingua, demostrando que as sementes que Rosalía plantou seguen a medrar con forza nos corazóns de toda a nosa mocidade. Grazas a todos e todas por facer que os seus versos sigan vivos, latexando con máis forza que nunca nas nosas aulas. 💙

venres, 20 de febreiro de 2026

ENTROIDO 2026

O noso centro celebrou este ano o Entroido nunha gran xornada de convivencia entre os distintos centros da Mancomunidade en Albán. A nosa aportación estivo adicada por completo á vida rural: os alumnos caracterizáronse de labregos, animais e oficios tradicionais, poñendo en valor as raíces da nosa terra.

A nosa xornada estivo marcada pola tradición, onde os disfraces de temática labrega nos permitiron lembrar e homenaxear os costumes máis auténticos. Foi unha oportunidade única para que os máis pequenos coñezan e manteñan vivas as labores, as ferramentas e o folclore do noso agro.
Preme no enlace para acceder á montaxe!

venres, 13 de febreiro de 2026

DÍA DA RADIO NO FAÍLDE

¡Ondas de ilusión! Os máis pequenos toman o micro polo Día da Radio.

Para celebrar o Día da Radio, o noso centro transformouse nun auténtico estudio de gravación. Os nenos e nenas pasaron de ser oíntes a converterse en locutores, técnicos e reporteiros por un día.
Neste programa especial, os escolares encargáronse de todo: redactaron as noticias, escolleron a música e entrevistaron aos seus compañeiros. Cun desparpallo sorprendente e moito entusiasmo, compartiron as súas historias, chistes e cancións favoritas a través do micrófono.
A experiencia non só serviu para render homenaxe a este medio de comunicación tan vivo, senón tamén para que os máis pequenos perderan o medo a falar en público, traballaran en equipo e descubriran a maxia de comunicar coa voz.
Premede no reprodutor para escoitar o podcast completo e viaxar coa imaxinación a través do talento dos nosos pequenos locutores. Non vos vai deixar indiferentes!
Premede no enlace para poder escoitar esta gravación feita no 2025 para tal conmemoración!

venres, 30 de xaneiro de 2026

BOOKTRAILERS

Que ocorre cando xuntamos o amor polos libros coa maxia do cine? O resultado é esta espectacular escolma de booktrailers (trailers de libros) creados polo noso alumnado!

Cun gran traballo en equipo e grazas á colaboración entre a Biblioteca e o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), os escolares convertéronse en guionistas, actores e editores. O obxectivo? Espertar a vosa curiosidade e recomendarvos, dun xeito moi visual e moderno, algunhas das mellores lecturas en lingua galega que temos dispoñibles no centro.