luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 A maxia da nosa palabra viaxa entre xeracións 

Hoxe o noso centro viviu un deses momentos que se gardan directo no corazón. Para conmemorar o Día de Rosalía, o alumnado máis maior do colexio converteuse en gardián e altofalante da nosa poesía máis eterna. Cun chisco de nervios pero cheos de ilusión, visitaron as aulas dos grupos máis pequenos para regalarlles os versos da nosa autora máis querida.
Ver a complicidade nas súas olladas foi algo máxico. Os ollos abertos e abraiados dos pequenos, escoitando con absoluta admiración aos seus compañeiros maiores; e a dozura destes últimos, coidando cada palabra e cada xesto para transmitir o agarimo, a forza e o orgullo da obra de Rosalía.
Non foi só un recital. Foi un abrazo de xeración a xeración a través da nosa lingua, demostrando que as sementes que Rosalía plantou seguen a medrar con forza nos corazóns de toda a nosa mocidade. Grazas a todos e todas por facer que os seus versos sigan vivos, latexando con máis forza que nunca nas nosas aulas. 💙

venres, 20 de febreiro de 2026

ENTROIDO 2026

O noso centro celebrou este ano o Entroido nunha gran xornada de convivencia entre os distintos centros da Mancomunidade en Albán. A nosa aportación estivo adicada por completo á vida rural: os alumnos caracterizáronse de labregos, animais e oficios tradicionais, poñendo en valor as raíces da nosa terra.

A nosa xornada estivo marcada pola tradición, onde os disfraces de temática labrega nos permitiron lembrar e homenaxear os costumes máis auténticos. Foi unha oportunidade única para que os máis pequenos coñezan e manteñan vivas as labores, as ferramentas e o folclore do noso agro.
Preme no enlace para acceder á montaxe!

venres, 13 de febreiro de 2026

DÍA DA RADIO NO FAÍLDE

¡Ondas de ilusión! Os máis pequenos toman o micro polo Día da Radio.

Para celebrar o Día da Radio, o noso centro transformouse nun auténtico estudio de gravación. Os nenos e nenas pasaron de ser oíntes a converterse en locutores, técnicos e reporteiros por un día.
Neste programa especial, os escolares encargáronse de todo: redactaron as noticias, escolleron a música e entrevistaron aos seus compañeiros. Cun desparpallo sorprendente e moito entusiasmo, compartiron as súas historias, chistes e cancións favoritas a través do micrófono.
A experiencia non só serviu para render homenaxe a este medio de comunicación tan vivo, senón tamén para que os máis pequenos perderan o medo a falar en público, traballaran en equipo e descubriran a maxia de comunicar coa voz.
Premede no reprodutor para escoitar o podcast completo e viaxar coa imaxinación a través do talento dos nosos pequenos locutores. Non vos vai deixar indiferentes!
Premede no enlace para poder escoitar esta gravación feita no 2025 para tal conmemoración!