martes, 1 de abril de 2025

A "TEA-xe" DO FAÍLDE!

 Faildiño no Faílde celebra a conmemoración do día 2 de abril do 2025!


No noso centro cremos firmemente que cada voz conta e que a diversidade é o que nos fai únicos. Para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, os nosos micrófonos acenderonse cun propósito moi especial: dar vida ao programa de radio "A TEA-xe do Faílde".
A través das ondas, compartimos un espazo cheo de aprendizaxe, respecto e moita emoción. "A TEA-xe do Faílde" non foi un programa máis; foi unha viaxe para comprender mellor o autismo, derrubar barreiras e celebrar a riqueza de mirar o mundo desde diferentes perspectivas. Os nosos alumnos e alumnas puxeron todo o seu agarimo e dedicación diante do micrófono, demostrando que a verdadeira inclusión constrúese escoitándonos os uns aos outros.
Conectar, comprender e camiñar xuntos. Ese é o fío invisible que nos une no Faílde. Se queres emocionarche e escoitar todo o que temos que dicir, dálle ao play!
¡Grazas a todo o equipo por facer posible esta emisión tan especial! 🎧✨


A "TEA-xe" do Faílde





Ningún comentario:

Publicar un comentario